martes, 16 de junio de 2015

Acceso á FP 2015/2016

Mañá 17 de xuño de 2015 comeza o prazo para solicitar acceso aos estudos de Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior.


Lembrade que se superáchedes os estudos de Bacharelato podedes solicitar o acceso á Formación Profesional de Grao Superior; se tendes superada a Educación Secundaria podedes solicitar praza nos ciclos de Grao Medio.

O prazo está aberto ata o 2 de xullo.

Podedes consultar aquí a oferta formativa da FP para o vindeiro curso 2015/2016.



http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/5947

lunes, 15 de junio de 2015

Premios extraordinarios de Bacharelato 2014/2015

Premios extraordinarios de Bacharelato


Nesta ligazón podedes atopar a Orde de convocatoria para os Premios Extraordinarios de Bacharelato.

Cada premio está dotado con 1000 €.

Os requisitos para participar son:

1. Ter rematado os estudos de Bacharelato no curso 2014/15 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria (maio) do dito curso. 2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. 3. Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas de subvencións de Galicia e estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150611/AnuncioG0164-040615-0005_gl.pdf




martes, 10 de febrero de 2015

Centro Español de Nuevas Profesiones

O Centro Español de Novas Profesións, invítanos a coñecer as súas titulacións.

Tal e como nos explican na súa web, a Escola de Turismo CENP da Coruña é un centro adscrito á Universidade da Coruña, no que se imparte o Grao de Turismo e a Dobre Titulación en Ciencias Empresariais e Turismo, así como estudos de Formación Profesional.

Podemos consultar todos os datos sobre o centro na súa páxina web.


martes, 13 de enero de 2015

Estudos universitarios e de Formación Profesional

Como parte da nosa Semana Vocacional o alumnado de 3º e 4º de E.S.O. e de Bacharelato ten á súa disposición os folletos informativos dos estudos universitarios da Universidade da Coruña, e dos estudos de Formación Profesional que se poden cursar en Galicia.




Podes atopar tamén toda a información na páxina web da Universidade da Coruña e na páxina web que a Consellería de Educación dedica á Formación Profesional.

jueves, 11 de diciembre de 2014

Portas abertas no Centro Superior de Hostelería

O Centro Superior de Hostelería de Galicia invítanos a asistir ás súas xornadas de portas abertas do próximo sábado 13 de decembro de 2014.


Estamos todos e todas invitados; o programa que teñen preparado é o seguinte:

10:50 Recibimento das familias na Recepción do Edificio de Aulas de Teorías.
11:00 Inicio da visita. O itinerario pasa polas aulas teóricas e de idiomas, biblioteca, aulas de cata e cociña demostración, aulas de restaurante e á carta e buffet, aula de Recepción e Aloxamento e Residencia.
12:30 Explicación de prezos, bolsa, probas de acceso, matrícula... Haberá quenda de preguntas.

Anímannos a ir e coñecer así toda a información do CSHG.



viernes, 21 de noviembre de 2014

Que estudar e onde?

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte dispón dunha interesante ferramenta de busca de información sobre estudos universitarios.

Nesta ligazón podedes atopar o buscador, nel dispoñedes de información sobre as notas de corte, tipos de titulación, lugares onde podedes realizar os vosos estudos, etc.

Se tendes algunha dificultade para atopar a información que queredes, non dubidedes en preguntar.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Bolsas USA do Concello da Coruña

O Concello da Coruña, convoca o programa "CORUÑA" NO MUNDO: BOLSAS USA 15-16"..

Ao igual que as bolsas High School das que falabamos hai uns días, "Coruña no mundo" ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO matriculado nos centros da Coruña, de cursar nos Estados Unidos o equivalente a 1º de Bacharelato. prazo de inscrición remata o 21 de novembro. 

Botádelle un ollo ás bases.